Quen Somos

Quen somos e que pretendemos facer

Actualmente a A.V. “A Nosa Terra” de Alcabre continúa na mesma liña de traballo para mellorar as infraestruturas e garantir as necesidades básicas da veciñanza e mantemento da parroquia.
A asociación soubo crecer coa súa parroquia e non só centra a súa actividade na área de infraestruturas, senón que se incorporan á súa actividade habitual cursos, charlas, asesoramento sobre diversos temas, festas (como a de San Xoán), para que toda a veciñanza participe, independentemente das súas ideoloxías relixiosas, políticas, etc., todos deben deixalas na porta antes de entrar xa que a asociación convértese nun foro para aprender, pasalo ben e, sobre todo, participar.
Na asociación tanto directiva como os colaboradores traballan por e para a parroquia desinteresadamente. A directiva reúnese unha vez á semana para tratar a realidade e temas da asociación; a estas reunións pode asistir calquera socio, que tamén están chamados a participar na asemblea de socios que se reúne unha vez ao mes(ultimo venres de cada mes) e que representa o órgano de goberno da asociación.

Neste tempo a asociación de veciños está reprensentada polos seguintes socios:

Presidente: Ángel Rial Gómez
Vicepresidente: Carlos Sobreira Fernández
Tesoureiro: Jose Couso Lorenzo
Secretaria: Mª Concepción Sanroman Costas

e os vocais:

Mª Dolores Ogando Soto
Manuel Riobó Vázquez
Janet Luis Albuger
Edelmiro Lorenzo Fernández
Carlos López Fragueiro
Francisco Lorenzo Rodriguez
Javier Colmenero Feijoó


Saudos.