Nacemento
A
andaina da asociación comeza no 26 de outubro de 1979 coa formación
dunha xunta xestora que representaría diante do Goberno Civil a esta
emerxente asociación para a redacción dos Estatutos. Escóllese por
maioría o nome de “Nosa Terra”. Ese mesmo mes conséguese que D. Carlos
Gómez ceda as antigas Escolas Públicas para uso da asociación.
É no 27 de xuño de 1980 cando se xuntan 53 veciños e veciñas de Alcabre no local da asociación (situado por aquel entón na rúa Carregal 30) e tras diferentes notificacións por prensa, radio e persoalmente cando se aproban os Estatutos e se elixe a Xunta Directiva.
A asociación nace para velar polos intereses da parroquia e da súa veciñanza como son impedir os vertidos nas praias, reclamar alumeado, sumidoiros e garantir que se cubran as necesidades básicas.

Que facemos
Actualmente
a A.V. “A Nosa Terra” de Alcabre continúa na mesma liña de traballo
para mellorar as infraestruturas e garantir as necesidades básicas da
veciñanza e mantemento da parroquia.
A asociación soubo crecer coa súa parroquia e non só centra a súa actividade na área de infraestruturas, senón que se incorporan á súa actividade habitual cursos, charlas, asesoramento sobre diversos temas, festas (como a de San Xoán), para que toda a veciñanza participe, independentemente das súas ideoloxías relixiosas, políticas, etc., todos deben deixalas na porta antes de entrar xa que a asociación convértese nun foro para aprender, pasalo ben e, sobre todo, participar.
Asembleas. Na asociación tanto directiva como os colaboradores traballan por e para a parroquia desinteresadamente. A directiva reúnese unha vez á semana para tratar a realidade e temas da asociación; a estas reunións pode asistir calquera socio, que tamén están chamados a participar na asemblea de socios que se reúne unha vez ao mes e que representa o órgano de goberno da asociación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario